Sinto unha conexión especial coas técnicas de debuxo: grafito, pastel, lapis de cores… Nestas técnicas fun principalmente autodidacta, pero teño unha formación variada en arte e deseño: na escola G. Terragni de Milán estudei pintura ornamental e na Escola Llotja de Barcelona, Estampación e Tintura Artística, ó que seguiron varios anos de traballo na industria téxtil.
Gústame camiñar e debuxar na natureza. Pedra, mar, nubes, brétemas, árbores, musgos, liques… son os meus elementos favoritos nos que estar. E a arte é a miña mellor maneira de estar neles.
NEWSLETTER
Suscríbete á lista de correo para coñecer as novidades do meu estudio.